Nota de prensa por Croa Magazine

Tralo grande éxito do FESTICROA este verán, quedáronnos ganas de volver a xuntarnos en amor e compañía CROADORES e LECTORES. Para iso estamos organizando…. CROACTION!! Coa excusa de que en Xaneiro facemos o noso décimo número e buscando achegarnos a todos vos e que vexades que CROA non é tan so unha páxina web… estades todos invitados ao noso novo evento

CROACTION!

Cando? 19 Xaneiro a partir das 18.00 horas

Onde? cafetería Detrás do Marco

ven a disfrutar dun ambiente CROA, coñécenos e tómate algo con nos. Haberá todo o necesario para a realización dunha… OBRA COLECTIVA! pinceis, pintura… da que todos poderedes formar parte. VEN e PARTICIPA… e máis sorpresas…

ás 20.30… actuación do grupo vigués: WHEN NALDA BECAME PUNK

Non o deixes pasar! Ven a celebrar que xa levamos 10 meses dando guerra! e traete a todos os teus amigos

VOS AGARDAMOS!

Se aínda non coñeces CROA magazine, entra e disfruta:
www.croamagazine.com