Llegamos al “final”, entre comillas, claro. Con el artículo de hoy, habrán sido 9 las galerías de nuestros fotógrafos Top en Galiciaflow. Como sabrás, les hemos pedido a nuestros colaboradores que nos envíen sus mejores fotografías y respondan a un pequeño cuestionario.

Por esta sección ya han pasado grandes como Pablo UpSerxoAndoVSCCP85Miguel ÁlvarezRicardo CanteroCacholiñas o Sukizima, y ahora para terminar (aunque esperando abrir de nuevo esta sección a futuros colaboradores) tenemos con nosotros al santiagués aiGi.boGa, que nos trae 25 imágenes de aúpa así como algún vídeo o cinemagraph interesante… No te lo pierdas!

Nome artístico… e nome real

aiGi.boGa, en outros medios aparezco como Argimiro J. Aldrey.

¿Cal é a túa primeira lembranza cunha cámara na man?

En Canarias (4 anos), trasteando con cámaras e carretes analóxicos que tiñan papá e mamá por casa. Anos despois, con esto da era dixital meus pais mercaron unha Olympus de 3,2 Mpx  (uoooooouuuuu). Logo chegou un día en que decidín beberme una birra menos cada fin de semana e mercar unha cámara compacta.

¿Cómo chegaste a ser fotógrafo?

Creo que a necesidade de mostrar a miña propia realidade.

¿Que equipo adoitas empregar?

Empecei con eses 3,2Mpx, despois subín a 6, máis tarde din o salto os “3” díxitos de Canon (450D) até chegar á 7D; pronto caerá unha 5D con lentes Carl Zeiss.

¿Que é o que máis che atrae da fotografía?

A forma coa que podemos contar historias, crear as nosas propias ou chegar a modificar a realidade o noso gusto.

¿Tes algunha filosofía ou modo de traballo? ¿Que buscas coas túas fotos?

Mellorar día a día, non competir con nadie, só comigo mesmo.

¿Dentro do Hip Hop de que traballo te sintes máis satisfeito?

Das fotos de Kase.O en Arzúa, un puntazo ir a ese concerto.

¿E fóra do Hip Hop fixeches algo?

Teño a necesidade de afotar todo o que vexo e me gusta… pero, estamos en proceso de darlle moita caña a retratos, e pronto empezaremos cos beauty.

¿Pódesnos dicir de algún fotógrafo que che guste? ¿E dentro do Hip Hop segues a algún?

Hai varios: Jesús Alonso, David LaChapelle… etc; para a segunda pregunta elixo a Brazo de Hierro, gran fotógrafo. De todas formas non sigo a nadie nin teño ídolos, primeira regra para chegar a ter un estilo propio (levamos anos loitando…).

¿Aparte do mundo da fotografía adícaste a algunha outra disciplina artística?

Estamos empezando co vídeo. O ano pasado tiven a sorte de facer o Trincadeira 011 máis o Animal Deejay´s en Barcelona. Na conta do Youtube hai outros vídeos personais.

¿Hai algún proxecto no que estés traballando agora mesmo?

Moita chicha, por un lado temos os cinemagraphs (25 e Nicanora), pendiente de subir máis. Temos progamado un TimeLapse (moi interesante), de graffiti. Algún que outro videoclip, vídeos para empresas, un vídeo de skaters por Santiago DC e varias ideas que hai que materializar para presentarse a varios concursos nacionais.

¿Algunha anécdota?

Si, sempre me volvo dos concertos con alguna que outra foto de xente do público (teño moitas), cando preguntan onde saen ponte ti a explicarlle a un tío (tía) con unha mierda encima que son para Galiciaflow, saen no Facebook de etc, etc… Agora hai veces que digo que non podo…

Forma de contacto

Mail: aigi.boga@gmail.com

Facebook: aiGi-boGa-photoGraphy

Twitter: http://twitter.com/#!/aigiboga

Web: http://aigiboga.com/

Blog:  http://aigiboga.blogspot.com.es/

Youtube: http://www.youtube.com/user/boGaiDeasinC

PD do artista: A da Catedral, está sacada cunha caixa de zapatos e si non se di parece un efecto antigo! A do can está sacada cun carrete caducado (ektarchrome kodak 25 ISO+Zenit) de fai mais de 10 anos, a das flores sacada cunha compacta…